HomeNewsActualidadeCharla sobre a eclipse total e observación solar este sábado en Baiona

Charla sobre a eclipse total e observación solar este sábado en Baiona

O Concello de Baiona organiza este sábado, 16 de maio, ás 10:30 horas unha Xornada sobre a Eclipse Solar do vindeiro 12 de agosto. O evento terá lugar na Casa da Navegación de Baiona.

A actividade consta de dúas partes, por unha banda unha charla-coloquio que ten por título “Astronomía da eclipse e observación segura” onde participarán os poñentes Begoña Estévez Brao e Antonio Pazos Pérez.

De seguido, en torno ás 12:30 horas, terá lugar no Paseo Pinzón a “Observación solar con telescopio e explicación do uso de gafas da eclipse“.

A actividade é gratuíta e está dirixida a familias e público en xeral. O obxectivo, por unha banda, comprender o que é unha eclipse, e tamén concienciar sobre a importancia de observalo coas garantías necesarias.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS