HomeNewsActualidadeA OMS pospón ao 10 de maio o inicio da corentena por...

A OMS pospón ao 10 de maio o inicio da corentena por hantavirus

O director da Organización Mundial da Saúde (OMS), o doutor Tedros Adhanom Ghebreyesus, fixou no 10 de maio o inicio do período para contabilizar como corentena por hantavirus, polo que se estenderá ata o 21 de xuño. Anteriormente, a data fixada era o 6 de maio, rematando a corentena o 17 de xuño.

“A recomendación que facemos é que ten que haber unha supervisión estrita no fogar ou ben nunha instalación para corentena durante 42 días desde o 10 de maio, co cal estariamos a falar do 21 de xuño como data de finalización da mesma”, manifestou nunha comparecencia conxunta co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na que fixeron balace do operativo de repatriación dos pasaxeiros do MV Hondius e que calificaron como “un éxito”.

“Calquera persoa que presente síntomas terá que ser illada e tratada inmediatamente”, continuou Adhanom Ghebreyesus, quen felicitou e agradeceu a España polo seu “liderado” na xestión desta crise sanitaria.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS