lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOia abre a tempada de rapa das bestas co Curro da Valga

Oia abre a tempada de rapa das bestas co Curro da Valga

Oia inaugura esta fin de semana a tempada de curros galegos co Curro da Valga, en Loureza, que terá lugar o próximo domingo, 12 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central do día arredor das 17 horas.

En total, estímase que no curro deste ano haberá uns 350 cabalos, entre exemplares adultos e poldros. Segundo marca a tradición, a xornada transcorrerá con actividade desde a primeira hora da mañá e ata a tarde. Así, a partir das 9 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas ata concentralos no recinto da Valga sobre as 13 horas. Xa pola tarde, sobre as 17 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

O curro da Valga transcorrerá no seu habitual ambiente festivo, de forma que as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar dunha xornada que combina celebración e tradición arredor do cabalo da Groba.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES