lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Concello da Guarda abre unha aula de estudo

O Concello da Guarda abre unha aula de estudo

O Concello da Guarda habilitou unha sala de estudo na antiga sede do Concello, na Praza do Reloxo, para dar resposta a esta necesidade veciñal.

A sala atópase no primeiro andar do antigo edificio, o mesmo que na actualidade alberga as dependencias da Policía Local e a Oficina de Turismo. Para isto, foi acondicionada como aula de estudo para uso das persoas que preparan exames ou oposicións. Tamén dispón de conexión wifi e abrirá a partir deste xoves, 9 de maio, en horario ininterrompido, de 8 a 22 horas, de luns a venres, e os sábados de 8 a 14 horas.

“Era unha necesidade imperiosa e demandada que o Concello da Guarda ofrecese un espazo habilitado para estudantes, investigadores e opositores”, apunta o alcalde, Roberto Carrero.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES