lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasMos avanza na transformación da contorna parroquial de Sanguiñeda

Mos avanza na transformación da contorna parroquial de Sanguiñeda

O Concello de Mos continúa a folla de ruta do seu plan “Mos humanizado e das persoas” coa adxudicación do contrato do proxecto de mellora da contona da igreza de Sanguiñeda, no barrio do Piñeiro, para o que o Concello conseguiu unha subvención de preto de 41.000 euros da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra

A actuación de mellora da contorna parroquial abarcará unha superficie total de máis de 4.500 metros cadrados e requerirá dun investimento aproximado de 800.000 euros. Para financiar dito importe o Concello optará, unha vez rematado o proxecto, ás axudas a tal fin da mesma Rede Ágora da Deputación de Pontevedra que subvencionou o proceso de redacción.

Pola súa banda o Concello de Mos adquiriu a parcela necesaria para acometer a obra na parroquia de Sanguiñeda, de 775,72 metros cadrados, para a incorporación ao patrimonio público.

A actuación de humanización proposta, e na que se incluirá a parcela adquirida, ten por obxecto mellorar as instalacións e servizos existentes, así como a urbanización da contorno da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda e as vías de comunicación que atravesan o torreiro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES