martes, octubre 15, 2024
InicioA RaiaAmericasNigrán preséntase en Brasil como modelo español en políticas de mobilidade sustentable

Nigrán preséntase en Brasil como modelo español en políticas de mobilidade sustentable

O alcalde participa en Río de Janeiro na clausura do proxecto trienal #AcessoCidades en calidade de vicepresidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad de España e presidente do Fondo Galego

«É unha honra poder achegar neste foro mundial políticas de futuro que en Nigrán xa estamos aplicando, como poden ser as electroliñeiras gratuítas, o Nigranbus, parking-gapp…», explica Juan González, quen inaugurou un ciclo de presentacións logo de participar na visita técnica ao Centro de Operaciones de Río (considerado o máis moderno de toda Sudamérica) e ao terminal intermodal de Gentileza.

O proxecto ‘Acesso Cidades’, levado a cabo ao longo destes 3 anos, permitiu ás diferentes delegacións debater sobre aspectos como a sustentabilidade financeira do transporte e sobre o sistema que se usa en cada país.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS