lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasQue facer nas comarcas esta fin de semana: Camela en Vigo, As...

Que facer nas comarcas esta fin de semana: Camela en Vigo, As bolechas, Teatrea e cine na aldea

E como cada venres, en Si Radio de Galicia propoñemos diferentes actividades culturais para esta fin de semana na que ademáis a chuvia dará un descanso, cando menos ata o domingo.

Teatro

Este venres, terá lugar en Tui a obra de teatro Ás para Álex da compañía Baobab Teatro no teatro municipal a partir das 19:30 horas. Vai dirixida a público familiar, recomendada a partir dos 5 anos, e conta cunha duración de 50 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres, ás 19.15 h, aos prezos de 4€ e 3€.

Tamén no Baixo Miño, en Tomiño, o municipio celebra o día da patroa da música coa Agrupación Musical de Goián, que se subirá ao escenario este sábado 18 de novembro para ofrecer ao público un concerto de Santa Icía diferente. Trátase dun espectáculo de teatro musical no que integrantes da propia agrupación e da súa banda xuvenil porán banda sonora a unha obra baixo a batuta de Pedro Villaroel. A entrada é de balde.

Na comarca do Val Miñor, en Nigrán, se representará a obra Os Bolechas en Familia visitan unha galería de arte chega a Nigrán este sábado 18 de novembro ás 12:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada é de balde ata completar o aforo e o Concello agasallará a cada familia co libro ‘Que ben nos tratan en Nigrán!’, un conto protagonizado por estes populares personaxes de Pepe Carreiro editado polo Concello de Nigrán co obxectivo de educar en igualdade. O espectáculo está orientado a un público cativo de entre 5 a 12 anos, pero tamén é unha opción para pasalo ben en familia.

Antes, también en Nigrán, o Concello ofrece este venres ás 20:00 horas no auditorio municipal a obra Balneario a Condesiña de Atrezo Teatro, función encadrada no circuito galego de teatro amador 2023 e que inicialmente estaba prevista para este domingo 19. Trátase dunha comedia para todos os públicos e no elenco de actores figura a máis veterana de Galicia no teatro amador, Amparo Tellado, de 94 anos. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

En Ponteareas, este sábado hai unha doble cita co teatro coa obra As cousas do noso pobo do grupo Ponte Caneiro e a obra Os marcos de Todos Xuntos.

En Si Radio de Galicia falamos cunha das atrices de Ponte Caneiro, Lorena Ucha:

Outra cita co teatro, esta vez infantil, será en Gondomar no audiotiro Lois Tobío o domigno 19 a partir das seis da tarde coa compañía teatral Negro López que presentará o seu espectáculo BACKSTAGE.

Cultura urbana

A Cultura urbana on tour chega ao Porriño onde os nenos e as nenas de entre 8 e 16 anos poderán gozar da cultura urbana da man do Parkour, Grafitti e Rap este 19 de novembro.

Trátase dunhas xornadas itinerantes organizadas pola Asociación de Familias Monomarentais de Gailcia que empregan a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social como a diversidade familiar, a igualdade ou a corresponsabilidade, entre outras.

A xornada desenvolverase na zona peonil en horario de 17:00 horas ata as 19:00 horas e, en caso de choiva, trasladarase ao pavillón do CEIP Xosé Fernández López.

Cine, libros, e serradoiros

O cine na aldea do Festival de Cans chega á cultural e veciñal As Mimosas de Carracido o sábado 18 de novembro ás 20:30 horas e á asociación cultural San Xurxo de Mosende o domingo 19 de novembro ás 18:00 horas.

A escritora Iria Misa presenta este venres ás 19:30 horas o seu libro Unha veciña de película no multiusos de Sabarís. É unha das actividades de Baiona Lila , a programación organizada polo Concello co motivo do 25-N.

Na Paradanta, en Covelo, hai unha xornada de portas abertas ao serradoiro dos carranos e a aula de natureza con catro pases durante todo o día. É necesario inscripción previa.

«Rally»

Na Paradanta, o sábado 18 de novemebro a escudería surco de Salvaterra de Miño, organiza a 16 edición do Rally de Regularidade Moucho do Condado na Cañiza a partir das 16:30 horas no aparcamento da área de servizo Quintáns, emprazamento onde se exhibirán os vehículos participantes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES