sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia impulsa unha fórmula para recadar o imposto das grandes fortunas que...

Galicia impulsa unha fórmula para recadar o imposto das grandes fortunas que agora ingresa o Estado

A Xunta fixo pública a fórmula coa que pretende recuperar para Galicai a recadación do Estado co imposto de solidariedade das grandes fortunas. Este tributo foi creado polo Ministerio de Facenda de forma temporal para «pedir un maior esforzo a quen máis ten», no contexto da guerra de Ucraína e a consecuente inflación pola crise enerxética. Pero era tamén unha emenda ás comunidades gobernadas polo PP que bonificaron, de forma parcial ou na súa totalidade, o imposto ao patrimonio de competencia autonómica.

Acompañado polo portavoz popular no Parlamento, Alberto Pazos, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, avanzou nunha rolda de prensa que se creará un «mecanismo temporal» para que aqueles que tributan polo imposto estatal pasen a facelo polo autonómico. Farano a través dunha emenda parcial a a lei de acompañamento de os Orzamentos que se tramita na Cámara.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES