lunes, mayo 6, 2024
InicioO PaísOurenseOurense reabrirá esta semana as termas de Outariz

Ourense reabrirá esta semana as termas de Outariz

O Concello de Ourense reabrirá ao público esta semana as termas públicas e gratuítas de Outariz.

O contrato do servizo de atención, control, e prestación de primeiros auxilios das termas de Burgas de Canedo e Outariz, fóralle adxudicado á empresa Printes Security Advice S.L. en novembro de 2022, aínda que o servizo iniciouse en marzo de 2023. Por acordo das dúas partes, o pasado maio acordouse unha modificación do contrato que cambiaba o prezo por hora (que pasou de 13,55 a 14,74 euros).
O servizo prestouse con normalidade ata que o 4 de outubro, a empresa presentou un escrito no que lle solicitaba ao Concello a resolución do contrato nun prazo de 15 días naturais. Porén, esta comunicación non ten como consecuencia a rescisión automática do contrato xa que, de acordo coa lexislación vixente, unha empresa contratista dun servizo municipal non pode rescindir unilateralmente o contrato, e só o Concello é competente para, de ser o caso, acordar e autorizar a extinción.

Consecuentemente, o Concello de Ourense contratará unha nova empresa para que preste o servizo de atención e control e subrogue o persoal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES