martes, abril 30, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaO PP aposta pola liberación da peaxe na A-55, "a autovía máis...

O PP aposta pola liberación da peaxe na A-55, «a autovía máis perigosa de España»

- As candidatas ao Congreso e ao Senado, Ana Pastor e Nidia Arévalo, reuníronse en Mos cos veciños para insistir no seu compromiso

Os candidatos do PP ao Congreso e ao Senado reuníronse esta mañá con varios veciños en Mos, diante da A-55, para reiterar o seu compromiso para dar unha solución inmediata á perigosidade “da vía máis perigosa de España”, segundo definiu a candidata popular e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.


Xunto con Ana Pastor e a secretaria xeral provincial do partido, Luisa Piñeiro,
Arévalo sinalou que “despois de moito tempo seguimos igual”, e denunciou que a
autovía non ten mantemento, está parcheada e sen medidas de seguridade, sen
iluminación e, practicamente, sen capa de rodadura á altura dunha autovía con
esta intensidade de tráfico. “Cada día circulan por aquí máis vehículos. Esta é a vía
que comunica aos 500.000 veciños da área metropolitana para traballar, para facer
a súa vida e, precisamente, é a máis perigosa”, engadiu.


Por iso, dixo que ante unha situación que “preocupa a todos”, o PP está poñendo
solucións enriba da mesa, “como fixemos sempre”. Nesta liña, dixo que “hai
solucións inmediatas das que levamos falado moitísimo tempo, como por exemplo
esa autopista que está sen vehículos e infrautilizada, que vai a O porriño e que vai
a Portugal, e que pasaría pola eliminación da peaxe para que se converta na entrada e saída principal a Vigo e alivie o tráfico na A-55”.


Recordou que “levamos tempo pedindo esa alternativa. Con Ana Pastor no
Ministerio de Fomento avanzamos, cos gobernos de Mariano Rajoy avanzamos
conseguimos moitas melloras, pero os momentos Zapatero, de Touriño e do
Sanchismo foron garrafais para Mos”. Por iso, dixo que “basta xa”, e pediu o voto
para Alberto Núñez Feijóo, que coñece de primeira man o que aquí ocorre”. E,
como candidata ao Senado, comprometeuse a “traballar para dar unha solución
dunha vez por todas. A primeira de todas é a eliminación da peaxe e facer unha
nova entrada a Vigo e a segunda, unha medida que non afecte a Mos e que sexa
respectuosa co territorio”.


ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES