martes, abril 30, 2024
InicioNovas CorporacionsGobernosMarta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez, nomeados vicepresidentes da Deputación de Pontevedra

Marta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez, nomeados vicepresidentes da Deputación de Pontevedra

- O presidente Luis López ven de asinar a Resolución Presidencial pola que ámbolos dous deputados provinciais pasan a ocupar as vicepresidencias da institución

Xa son oficiais os nomeamentos de Marta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez como
vicepresidentes da Deputación de Pontevedra. O presidente provincial Luis López ven de
asinar a Resolución Presidencial pola que ámbolos dous deputados provinciais pasan a
ocupar as vicepresidencias da institución. A falta de perfilar as áreas que dirixirán os/as
deputados/as, con este nomeamento o presidente configura o “núcleo duro” do goberno
da institución provincial.


Marta Fernández-Tapias, licenciada en Dereito pola Complutense de Madrid e
especialista en dereito mercantil e marítimo-pesqueiro, exerceu a avogacía ata o 2016.
Posteriormente ocupou a Dirección Xeral da Administración Local e ata a primavera de
2023 o posto de delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo. Tamén foi deputada
autonómica. Actualmente é presidenta local do Partido Popular de Vigo, vicepresidenta
provincial do PP, vicesecretaria do PP de Galicia e concelleira de Vigo dende o 2023. «O
seu coñecemento da administración local convértea nunha das pezas fundamentais da
institución provincial e, pola súa proximidade con Vigo, centrará unha grande parte dos
seus esforzos en velar polos intereses da cidade», aseguran.


Pola súa banda Rafa Domínguez, especialista en Medicina Interna é coordinador do
servizo da mesma especialidade do Hospital Quirónsalud-Miguel Domínguez. Concelleiro
de Pontevedra dende 2015, é presidente local do Partido Popular de Pontevedra,
vicepresidente provincial do PP e membro da Xunta Directiva do PP de Galicia. «No seu
caso, a súa proximidade con Pontevedra fará que tamén centre unha parte importante dos
seus esforzos en velar polos intereses da capital da provincia», din dende a Deputación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES