martes, mayo 21, 2024
InicioNewsComarcasO xuvenil das E.D. Salvaterra celebra no Concello a victoria na Copa...

O xuvenil das E.D. Salvaterra celebra no Concello a victoria na Copa Federación

- Coma se dun equipo profesional se tratase foron recibidos pola Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, recibiu na xornada de onte ao equipo Xuvenil das E.D.Salvaterra

Fai 15 días estes xoves xogadores acadaban o título da Copa Federación tras unha vibrante tanda de penaltis logo do empate sen goles fronte ao Caldelas (Clube amigo, campión de liga e onde o seu Presidente, Corpo técnico e xogadores mostraron absoluta deportividade).

Moito mérito teñen estes rapaces adestrados polo concelleiro de Deportes e Xuventude, Edgar Martínez, quenes  a pesares de ser prácticamente novos na categoría, fixeron unha tempada para a lembranza xogando fase de ascenso e conquistando a Copa.

A Alcaldesa Marta Valcárcel recibiunos no Concello para compartir unhas verbas e obsequialos cunhas camisolas conmemorativas do título acadado, sen esquecerse do ceo, onde observa e axuda orgulloso en todo momento o seu SEMPRE ETERNO PRESIDENTE, Antonio Bernárdez Gándara.

Como broche de ouro, a expedición saliu ao balcón a brindarlle ao seu “Presi” o título.

«Queremos transmitirlle unha vez máis os nosos Parabéns a toda a familia das Escolas Deportivas e os animamos a seguir practicando deporte e empapándose dos seus valores. Parabéns Salva!», din dende o Concello.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES