martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaO espectáculo paixón flamenca volve ao Porriño

O espectáculo paixón flamenca volve ao Porriño

O parque do Cristo converterase este sábado 6 de maio nunha gran verbena andaluza

Será a partir das 20.00 horas cando de comezo o espectáculo Pasión Flamenca, no que participarán o grupo rocieiro Andalusí, o grupo de música Toni Delgado e Mario El Primo e o grupo de baile Pasión Flamenca. Como na anterior ocasión, haberá rebujitos, xamón e moita diversión.
Grupo de música Andalusí
O grupo rocieiro Andalusí está composto por Paco Menacho á voz, Lito González á percusión e á voz e Juan Zamudio á guitarra e á voz. Andalusí son tamén compoñentes e excompoñentes do coro rocieiro da Casa de Andalucía de Vigo, onde desenvolveron gran parte da súa actividade musical, actuando por toda Galicia e principalmente na cidade e Vigo. Resulta moi habitual poder seguilos por bares, tabernas e feiras da cidade dos arredores.
Os seus temas son exclusivamente dedicados á música popular andaluza (sevillanas, rumbas e salves), aínda que tamén lles apaixonan as cantigas de taberna e outras cancións populares galegas, que pouco a pouco van introducindo no seu repertorio.
Grupo de música Toni Delgado e Mario El primo
Antonio Delgado González (1974), cantante e guitarrista máis coñecido como Tomny Delgado, é un músico autodidacta que se formou no seo dunha familia de músicos.
Grupo de baile pasión flamenca
Elegancia e forza sobre o escenario. Alegrías, tangos, sevillanas, rumbas, bulerías e moito máis da man de bailaríns de todas as idades; dirixidos e coreografiados por Silvia Moreno, avalada con 34 anos de experiencia no mundo do baile flamenco en Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES