Xoves, Maio 7, 2026
HomeNewsO PaísO pontevedrés César Portela, Medalla de Ouro de Arquitectura

O pontevedrés César Portela, Medalla de Ouro de Arquitectura

O arquitecto pontevedrés César Portela é o novo gañador da Medalla de Ouro da Arquitectura, a distinción máis importante que concede a profesión.

Foille concedido este recoñecemento pola solidez da súa traxectoria e a súa proxección internacional.

Esta medalla, instituida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) en 1981, recoñece o esforzo das persoas e institucións “que ennoblecen o quefacer arquitectónico co seu labor”.

No seu ditame, o xurado valorou a “solidez” da traxectoria profesional de César Portela (Pontevedra, 1937), “como referente galego para novas xeracións de arquitectos/as tanto na arquitectura como no urbanismo”.

De Portela destaca o labor do “arquitecto localista que supera o seu ámbito natal para proxectarse internacionalmente”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS