viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO Club Natación Mos organiza o X Campionato de Natación Escolar Val...

O Club Natación Mos organiza o X Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

Será o sábado 27 de maio e está destinado a escolares de toda a comarca, que nacesen entre o 2009 e o 2016

cartel campeonato natacion val da lourinaO Club Natación Mos, en colaboración co Concello de Mos, organiza unha nova edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña, que este ano chega á súa décima edición. O campionato celebrarase na Piscina Municipal de Mos o vindeiro sábado 27 de maio ás 17.00 horas e a inscrición será gratuíta.
O campionato desenvolverase por categorías, que se corresponderán ao ano de nacemento e sexo, habendo medalla para os 3 primeiros clasificados por ano e sexo e diploma de “finisher” a todos os participantes.
A inscrición poderá realizarse ata o 23 de maio, tanto de forma física na Piscina Municipal de Mos como enviando un e-mail a: enviosmos@gmail.com

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES