sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plataforma Tea Vivo pide autorización ao Concello de Ponteareas para limpar...

A Plataforma Tea Vivo pide autorización ao Concello de Ponteareas para limpar a «fábrica da lus»

Ofrécense eles mesmos para executar a tarefa de limpeza no edificio histórico que se sitúa no entorno da Freixa.

A plataforma Tea Vivo, que é a principal asociación de Ponteareas que impulsa a recuración do espazo da Freixa, vén de solicitar ao Concello un permiso para desbrozar as herbas que invaden a coñecida como «a fábrica da lus». Nunha petición, que os membros da asociación dirixen á alcaldesa Cristian Fernández Davila expoñen que xa no mes de novembro remitiron á adminsitración local unha solicitude para levar a cabo unha actuación de limpeza do edificio co obxectivo, afirman, de conservar o edificio histórico da vila do Tea.

Tea Vivo apuntan a quen estado do edificio no que a vexetación ameaza a estrutura polo que, neste contexto, as persoas que forman parte da asociación ofrécense elas mesmas para levar a cabo esta tarefa «baixo a dirección técnica que o Concello decida». Critican que aínda non obtiveran resposta da adminsitración local.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES