sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísNace "Pipocas", o catálogo web no que se recolle as series e...

Nace «Pipocas», o catálogo web no que se recolle as series e filmes dobrados ao galego

É unha iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística.

Nace «Pipocas«, un catálogo web que recolle todos os filmes e series que están ben dobrados ben lexendados ao galego. Trátase dunha iniciativa da  Mesa pola Normalización Lingüística na que redirixe ao puúblico ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos e dende a entidade aseguran que «será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera obra audiovisual».

Segundo o responsable de comunicación da mesa, Carlos Vieito, «esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua» e «especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES