martes, octubre 3, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaAno e medio de prisión para a funcionaria do Porriño que quedou...

Ano e medio de prisión para a funcionaria do Porriño que quedou con cartos públicos

É unha senteza da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Existen probas de cargo, suficientes e bastantes para inhabilitar á funcionaria do Concello do Porriño que quedou con cartos públicos. Así o considera a Audiencai Provincial de Pontevedra nunha senteza na que declara culpable a estra traballadora por apripiarse de cartos públicos. A condena é de un e medio de prisión, inhabilitación de tres anos para o exercicio de cargo ou emprego público e impúxolle o abono dunha indemnización ao concello de 1.270 euros (importe total do apropiado) polo prexuízo causado.

Na sentenza, contra a que cabe presentar recurso ante o TSXG, a Audiencia explica que existe “proba de cargo, suficiente e bastante” de que a acusada, que exercía como animadora socio-cultural, quedou “co diñeiro entregado pola Banda de Música Cultural de Arcade, pola Banda Municipal de Redondela e pola Agrupación Musical Lembranzas Moañesas, tentándoo, igualmente, coa Agrupación Musical O Rosal, cartos que, en todos os casos, pertencían ao Concello do Porriño e que debería ingresar nas arcas municipais”.

A Audiencia indica que non foi discutido o feito de que as actuacións musicais coas catro agrupacións se contrataron a través da acusada, “facendo o concello o pago total das facturas correspondentes por cada actuación musical”. Os grupos, segundo o fallo, asumiron o compromiso de devolver á administración local o importe da subvención solicitada á Deputación de Pontevedra en caso de que lles fose concedida, como así sucedeu. Unha vez recibidas as axudas, segundo a sentenza, as distintas agrupacións volveron contactar coa acusada para facer a devolución dese importe ao concello, pero nunca foi reintegrado ás arcas públicas.

Argumento non verosímil

O xurado considerou na senteza que non é creíble a afirmación da acusada na que sostiña que lle fixo entrega dos cartos recibidos en man das agrupacións musicais á ex alcaldesa Eva García de la Torre, xa falecida porque «non hai elementos que así o xustifique, nin material nin persoal e resulta pouco verosímil xa que non foi alegada na súa declaración inciial, unha reacción lóxica diante dunha acusación de apropiación de diñeiro».

 

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES