sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de MiñorO único cárcere de curas do mundo chega a Nigrán este xoves

O único cárcere de curas do mundo chega a Nigrán este xoves

O Concello proxecta o documental que narra a historia dos curas que foron torturados na prisión de Zamora.

Zamora contou dende o ano 1968 ata o 1976 coa única prisión concordataria do mundo, é dicir, destinada a sacerdotes subversivos e, a través do documental do director Ritxi Lizarta La cárcel de curas, os veciños e as veciñas que se acheguen este xoves ás 20:00 horas ao Auditorio Municipal coñecerán a historia desta prisión a través das testemuñas dos relixiosos. En total foron 53 os que foron torturados por denunciar a represión franquista nas súas misas, entre outras cuestións.

Ao acto acudirá o director Ritxi Lizartza e os ex curas condeados Xabier Amuriza, Juan Mª Arregi e Anxo Currás, cos que o público poderá establecer un coloquio posterior.

Escoita a entrevista co director Ritxi Lizarta en Si Radio de Galicia:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES