HomeNewsActualidadeO Carballiño rexistra un terremoto de magnitude 2,8

O Carballiño rexistra un terremoto de magnitude 2,8

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este mércores un terremoto de magnitude 2,8 no concello ourensán do Carballiño. Os datos publicados indican que o movemento sísmico se produciu ás 01:47 horas.

O terremoto non provocou danos materiais de consideración nin feridos, de acordo coas primeiras informacións dispoñibles.

Segundo informou o 112 Galicia, a central non xestionou chamadas nin incidencias relacionadas co sismo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS