Un piquete foi atropelado esta mañá no polígono industria do Campiño, situado no Concello de Pontevedra, segundo informou o sindicato de Comisión Obreiros.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar ao redor das 6:00h da mañá, á altura do punto limpo, concretamente na rúa Montelouredo. Segundo a mesma fonte, un vehículo arrastrou varios metros a unha persoas. Máis tarde, Comisións Obreiras engadiu que o ferido estaba afiliado ao sindicato, e que foi arrastrado uns 300 metros no capó dun coche, ata que freou e puido baixar. O ferido presentaba danos nunha perna e nunha man, e foi atendido no hospital de urxencias de Montecelo. O implicado, xa foi dado de alta.
Tal e como informou a Subdelegación do Goberno, non hai denuncia interposta e que si hai constancia por parte da Policía Nacional dun incidente entre un condutor e o membro dun piquete.

