viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra recibe á delegación do centro de ensino Freigericht de Alemaña.

Salvaterra recibe á delegación do centro de ensino Freigericht de Alemaña.

 Alumnado e profesorado participan nun intercambio escolar no instituto do municipio.

O pasado xoves 13 de outubro, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, recibiu no salón de plenos a unha delegación alemana do alumnado e profesorado que participa nun intercambio escolar cos mozos de 1º de bacharelato do instituto. Despois da recepción, visitaron o casco antigo de Salvaterra, a biblioteca, a Casa do Codo e o Museo do Viño, entre outras localizacións.

O alumnado que pertence ao centro de ensino KSF Freigericht de Alemaña chegou o pasado 11 de outubro e finalizará a súa estadía o vindeiro martes 18. Durante estas xornadas o alumnado participa activamente nun programa de actividades creadas para fomentar as competencias lingüísticas e a iniciativa persoal entre outras cuestións.

Dende o ano 2012, o IES Salvaterra de Miño vén de participar activamente en programas de carácter europeo coa finaliade de darlle ao alumnado unha oportunidade de coñecer outras realidades, culturas, costumes e hábitos diferentes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES