viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoPonte Solidario pregunta á concellería de Benestar Social sobre as dúas persoas...

Ponte Solidario pregunta á concellería de Benestar Social sobre as dúas persoas que acampan no Concello

A principal asociación de soporte social de Ponteareas contacta cos servicios sociais municipais para coñecer as xestións do goberno municipal sobre o asunto.

Ponte Solidario, a principal asociación de apoio social da vila do Tea, vén de poñerse en contacto coa concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, para preguntar cales son as xestións que está realizando o goberno municipal para solucionar a situación das dúas persoas, un home e unha muller, que acampan nas inmediacións do Concello de Ponteareas. 

Dende a asociación, apuntan que coñecen a situación «complicada» destas dúas persoas pero que é preciso que a concellería que dirixe a nacionalista Verónica Carrera emita os informes necesarios para que as institucións públicas poidan axudar a este home e a esta muller que se atopan nunha situación de sinfogarismo. 

Pola súa banda, a edil Verónica Carrera, explica que se trata «dunha situación delicada» e que dende os Servizos Sociais de Ponteareas «se lles está ofrecendo diferentes recursos aos que poden optar,  non só municipais se non outro tipo de recursos autonómicos». Traballan, tamén, di Carrera «con outras administracións». Con todo, fontes próximas ao concello sinalan que a xestión da concellería sobre este asunto é de «caos total».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES