viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaMos triplica as axudas para comedor escolar

Mos triplica as axudas para comedor escolar

O orzamento municipal pasa de 10.000 a 30.000 euros, de xeito que ningunha familia solicitante queda sen axuda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, informaron hoxe de que o Concello de Mos triplicou as axudas para escolares, tanto no que se refire a comedor como a material escolar. Apostando de xeito decidido polo apoio á conciliación da vida familiar e laboral dos pais, nais e familias mosenses.

As representantes municipais explicaron que o pasado mes de xuño sacouse desde a administración local unha convocatoria extraordinaria para triplicar o orzamento municipal destinado ás axudas para comedor escolar, pasando a cantidade anual destinada a tal fin de 10.000 a 30.000 euros. Polo que dos solicitantes da axuda para a anterior convocatoria, cuxo prazo de solicitude xa rematou, todos contan con ela concedida.

A subvención concedida polo Concello neste senso é de 2 euros por menú de cada neno/a ao día.

Rexedora local e edil de Educación avanzaron tamén esta mañá que na vindeira convocatoria para estas axudas, cuxo prazo de inscrición abrirase o vindeiro mes de setembro, manterase a mesma contía orzamentaria destinada a tal fin co obxectivo de poder seguir concedendo a subvención a todas as familias demandantes.

Duplícanse as axudas a material escolar
En canto ás axudas municipais para a adquisición de material escolar xestionadas pola concellería de Política Social, tamén ascenderon. Así, duplicouse o orzamento anual destinado a tal fin, pasando de 5.000 a 10.000 euros.

De cara ao próximo curso 2022-2023 as axudas para a adquisición de material escolar e uso de comedor escolar, serán publicadas ao longo do mes de xullo no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), para facilitar a presentación da documentación relativa á compra de material escolar antes do inicio do próximo curso escolar.

Novidade no método de pago das axudas para comedor

Os pagos das axudas para comedor escolar incluirán o vindeiro curso unha nova forma de pago trimestral. Os abonos das subvencións faranse cada tres meses, sendo o primeiro en decembro (para os meses de setembro, outubro e novembro), marzo (para os meses de decembro, xaneiro e febreiro) e xullo (para os meses de marzo, abril, maio e xuño). O prazo de presentación das solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación no BOPPO ata o 30 de setembro

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES