jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMedio milleiro de artesáns palillan xuntos en Mos

Medio milleiro de artesáns palillan xuntos en Mos

O encaixe de bolillos de novo protagonista da Festa da Rosa na XIV Xuntanza de Palilleir@s en Costoias

Celebrouse ao longo de toda a xornada do pasado sábado a 14
edición da Xuntanza de Palilleir@s que cada ano, con motivo da Festa da Rosa, organiza a Asociación de Palilleiras de Mos.

Trátase dun tradicional encontro que se enmarca na programación cultural da Rosa de Mos e que este ano volveu á súa celebración presencial cen por cen, tras as restricións derivadas da pandemia da COVID-19.

A presidenta d@s Palilleir@s de Mos, Montserrat Pereira Troitiño, manifestou a súa satisfacción neste sentido e informou de que “a afluencia de artesáns a este reencontro supera as nosas expectativas, pois contamos con 500 palilleir@s inscrit@s e chegados de todos os recunchos de Galicia, así como doutras comunidades autónomas tales como Cantabria, Madrid, Castela e León…” e explicou que deixarán unha rosa de encaixe no exterior do parque “para desfrute de todos do traballo artesán”.

A multitudinaria palillada en Costoias, parroquia de Tameiga, contou coa visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Turismo, Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da corporación municipal. Arévalo e Cebreiro, definiron a Xuntanza de Paliller@s de Mos como “todo un espectáculo de artesanía, bo gusto, bo facer, beleza, moda, compañeirismo e intercambio cultural”.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES