viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaO Xogajudo 2022 reúne no Porriño a 558 judokas

O Xogajudo 2022 reúne no Porriño a 558 judokas

O pavillón municipal acolle este sábado este programa de deporte escolar no que participarán 35 clubs e escolas deportivas.

558 judokas procedentes de diferentes puntos de Galicia participarán este sábado 21 de maio, no pavillón municipal do Porriño, nunha xornada de xogo e competición.

A Federación Galega de Judo e D.A., en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello do Porriño, organizan os Xogos Galegos Deportivos XogaJudo que esta mañá foi presentado polo alcalde, Alejandro Lorenzo; o concelleiro de Deportes, Abel Estévez; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas.

“Fomentar a participación, o compañeirismo, o respecto e a amizade, instaurar hábitos deportivos saudables e facer vivir aos nenos e nenas experiencias de xogo enriquecedoras, son algún dos obxectivos deste programa de Deporte Escolar que recala no Porriño”, explicou o rexedor. “Trátase de que os nenos e nenas desfruten e aprendan practicando deporte cun regulamento que dá prioridade á deportividade por riba do resultado deportivo”.

A xornada arrancará ás 10.00 horas e desenvolverase durante toda a mañá en dúas quendas, empezando a segunda delas ás 12.30 horas.

“A pista do municipal vestirase de tatamis nos que os/as pequenos/as judokas participarán nas diferentes categorías: benxamín, alevín e infantil. En total serán 35 os clubs que se dean cita no Porriño , un total de 201 judokas en categoría feminina e 357 na masculina”, concluíu o edil de Deportes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES