jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’

Máis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’

Comezaron xa os obradoiros nas asociacións como preámbulo á Festa da Rosa.

Os obradoiros comezaron esta semana na AVV Santa Baia de Mos cun curso de elaboración de xabóns de rosas, o mesmo que se imparte na Asociación San Martín de Tameiga en Costoias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses Sara Cebreiro e Julia Loureiro achegáronse para coñecer de primeira man as técnicas de fabricación de xabóns artesanais coa flor emblema do escudo municipal.

Desde o 18 de maio ao 10 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

Coas fotografías desas rosas énchense as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sa entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elixirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación. As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:

Obradoiro de Elaboración de Xabóns de Rosas:
18 de maio AVV Santa Baia
19 de maio San Martín de Tameiga
24 de maio AVV Chan do Bosque
1 de xuño CSCD As Pedriñas
4 de xuño CCS Herville

Obradoiro de Secado de Rosas:
23 de maio A Cividade de Louredo
30 de maio CC Abrente
31 de maio AVV Santa Ana de Veigadaña
7 de xuño CRC Torroso
10 de xuño ARC Guizán

Obradoiro de Estampación de Rosas en Tea:
27 de maio AVC Ledicia de Sanguiñeda
28 de maio AVV Celado
1 de xuño AVV Nosa Terra de Pereiras
3 de xuño AVV Dornelas

Se hai algunha persoa interesada en participar nalgún dos cursos aínda pode inscribirse directamente nas asociacións. Para solicitar máis información sobre a iniciativa pódese chamar ao número de teléfono 986 33 94 04

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES