viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño dinamiza a súa praza de abastos co “Mercaporri”

Porriño dinamiza a súa praza de abastos co “Mercaporri”

Trátase dunha actividade dirixida aos nenos e nenas que se desenvolverá o 28 de maio.

O Concello do Porriño quere dinamizar a súa praza de abastos e achegala á cidadanía. Con este propósito, o vindeiro sábado 28 de maio, organiza “MercaPorri”, unha actividade dirixida aos nenos e nenas na que poderán intercambiar o seu “diñeiro MercaPorri” por regalos e sorpresas nos diferentes postos da praza, á vez que coñecen como funciona o mercado e os produtos que este ofrece.

O Porriño súmase así á campaña da Xunta, “Quere o teu mercado”, que a nivel internacional está organizada pola World Union of Wholesale Markets (Unión Mundial de Mercados Mayoristas) con motivo do Día Internacional do Mercado.

“Seguimos apostando pola posta en valor do noso mercado”, explicou a concelleira Antía Carrera. “Con actividades como esta queremos incentivar o consumo de produtos frescos entre os máis pequenos e promover a compra local, así como a profesionalidade e o bo facer dos nosos praceiros e praceiras”.

Para participar é necesario inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete.alcaldia@oporrino.org

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES