sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaMos asina os convenios cos clubs deportivos locais

Mos asina os convenios cos clubs deportivos locais

Suman un total de 11 subvencións que ascenden a preto de 80.000 euros neste 2022.

O Concello de Mos asinou no Multiusos das Pozas os convenios de colaboración para as subvencións anuais a clubs e deportistas locais incluídas no orzamento municipal para este 2022. Trátase dos 11 convenios con clubs e deportistas locais. No acto de sinatura estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, os/as beneficiarios/as e/ou presidentes/as dos clubs, e o concelleiro de Deportes, José Areal.

Os 11 beneficiarios son: a Unión Deportiva Mos-UD Mos Feminino, o Club Louro Tameiga, o Club Tenis de Mesa, o Club Xadrez Mos, o Club Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club Patinaxe Artístico Rosaleira, Xiramos, o nadador Juan Ferrón, a bailarina Patricia Martínez e a ciclista Susana Alonso.

Os convenios de colaboración entre o Concello de Mos e clubs e deportistas individuais asínanse anualmente, coa finalidade de contribuír a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto deportivo da entidade durante a tempada deportiva.

Nestas 11 subvencións nominativas a clubs e deportistas individuais a administración local mosense inviste 77.600 euros anuais neste 2022.

Respecto dos clubs e deportistas beneficiarios cómpre destacar “a súa valía e o esforzo e superación demostrados durante as súas respectivas traxectorias deportivas, sendo todos eles auténticos exemplos de traballo duro, esforzo e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos” declararon a rexedora local e o edil de Deportes, Arévalo e Areal respectivamente.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES