viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO test do que ninguén fala pero que pode salvar vidas

O test do que ninguén fala pero que pode salvar vidas

A AECC do Porriño e o Concello animan á poboación a realizar as probas de detección precoz de cancro de colon.

A Xunta Local da AECC no Porriño está a desenvolver a campaña de prevención do cancro colorrectal entre a poboación maior de 50 anos, con motivo do Día Mundial para a Prevención do Cancro de Colon que se celebra cada 31 de marzo.

Baixo o lema “O outro test. Do que ninguén fala pero que pode salvar a vida” preténdese concienciar sobre a importancia de realizarse unha sinxela proba en casa que pode identificar signos de lesións no colon e previr o alcance.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, achegouse ao punto informativo instalado fronte ao Concello para apoiar esta campaña e reiterar á presidenta, Chelo Conde, a súa disposición a colaborar en todas as iniciativas de sensibilización xa que, apostando pola prevención poden salvarse moitas vidas.

“Igual que nos familiarizamos co test da COVID-19 debemos facelo con outro tipos de probas, como o TSOH. Este tipo de cancro, o de maior incidencia no noso país, pode detectarse precozmente e incluso nalgúns casos evitarse. Por iso é vital que a cidadanía participe nos cribados que poden axudar a superar este tipo de tumor no 90% dos casos se se detecta a tempo”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES