jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísXosé Luís Otero estrea "O silencio de Deus"

Xosé Luís Otero estrea «O silencio de Deus»

A exposición inaugúrase o martes, 5 de abril, ás 20.00 horas, na Igrexa da Universidade de Santiago.

Logo de “Distopía”, estreada en Bragança chega, “O silencio de Deus” en Santiago. A actividade artística de Xosé Luís Otero non se detén e agora propón una hibridación entre exposición e instalación, enlazando a arquitectura e a espiritualidade da Igrexa a modo de reflexión entre o humano e o espiritual.

Escoita a entrevista completa aquí:

 

xoseluiseelena

A través de seis instalacións, este artista ourensán afincado no Porriño fálanos dun estado de desasosego ante as divisións inexplicables que forman o tecido da nosa realidade. Os materiais empregados por Otero e o seu proceso creativo, testemuñan a frívola teima dos humanos por construír e reconstruír, organizar e reorganizar, mostrando o carácter efémero da existencia humana, a soidade pura e o Silencio de Deus.

A Igrexa da Universidade de Santiago acollerá, a partires do vindeiro martes 5 de abril e ata o sábado 28 de maio, a exposición “O Silencio de Deus”, comisariada por Elena Bang

ueses. A mostra estará ab

erta ao público os xoves e venres de 11.00 a 14.00 horas e de martes a sábado de 17.00 a 20.30 horas.

30 anos de traxectoria artística
Xosé Luís Otero (Nocelo da Pena, Ourense, 1966) desenvolve a súa actividade artística dende comezos dos anos noventa, expoñendo en numerosas mostrar individuais e colectivas, ao tempo que participa tamén en importantes feiras de arte nacionais e internacionais. Un desenvolvemento creativo o seu, dentro do ámbito da pintura contemporánea, que é o resultado dun proceso de investigación no que experimenta con novos materiais e texturas, arredor sempre dun concepto ou idea principal, fonte de inspiración e motora.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES