jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAmérica, Combo Dominicano e Antonio Barros con Ucraína

América, Combo Dominicano e Antonio Barros con Ucraína

Porriño organiza este domingo, 3 de abril, a partir das 17.00 horas na rúa Antonio Palacios, un concerto solidario.

O evento, no que participarán de xeito altruísta o Grupo América, a orquestra Combo Dominicano e os artistas, Antonio Barros e iAlma, será en beneficio do pobo ucraíno, que tanto está a sufrir pola invasión rusa.
Os fondos obteranse coa “Fila 0”, na que calquera persoa, tanto particulares como empresas, pode facer a súa doazón. A tal fin, o Concello habilitou un número de conta (IBAN ES13 2080 5054 0831 1002 7980) cuxa recadación se destinará integramente a axuda humanitaria.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros Bienvenido Estévez e Antía Carrera, estiveron acompañados no acto de presentación por representantes das entidades colaboradoras do evento: o presidente e o xerente da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, Indalecio Cuevas e David Sobral, respectivamente, o artista Antonio Barros e os representantes das empresas Go Music e Eventos Salpor, Miguel Díaz e Leonardo Fernández.
CARTEL CONCERTO SOLIDARIO REDESO rexedor local convidou a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a asistir ao evento e contribuír a axudar ás persoas refuxiadas. “Síntome moi orgulloso de formar parte deste pobo”, asegurou Lorenzo. “En canto apelamos á súa colaboración os porriñeses e porriñesas, unha vez máis, deron exemplo de solidariedade e entrega. Fixérono cargando un tráiler de axuda humanitaria e sei que o farán agora tamén”. Neste sentido o alcalde estendeu o seu agradecemento “a todos aqueles veciños que de maneira totalmente desinteresada ofreceron as súas vivendas para acoller a persoas refuxiadas” .
Cabe destacar que en total foron 20 as familias porriñesas que se ofreceron para acollida e cuxa disposición, xunto coas 20 prazas ofertadas polo Concello, se enviou ao Ministerio encargado de coordinar e xestionar a acollida de refuxiados.
Tamén estiveron presentes na presentación Arturo López e Merchi Díaz, dous veciños do Porriño que acolleron xentilmente na súa casa a catro mozos ucraínos que abandonaron o seu país fuxindo da guerra. Os mozos, de entre 12 e 24 anos, pediron axuda para saír de Jarckov, a primeira cidade bombardeada, e esta familia porriñesa non dubidou en abrirlles as portas da súa casa. Un xesto de xenerosidade que o rexedor quixo agradecer publicamente “en nome de toda a veciñanza do Porriño, moitas grazas polo voso exemplo”.
Pola súa banda, o presidente dos empresarios, Indalecio Cuevas, animou a colaborar á cidadanía “e darlle un pouco de cor e música a esta situación que lamentablemente estamos a vivir e na que temos que ser enormemente solidarios”. Así, os empresarios abriron unha conta na que conseguiron recadar fondos que serán canalizados a través do Concello para axudar á poboación ucraína

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES