viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaA XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado dispútase no Porriño

A XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado dispútase no Porriño

Once equipos participaron na primeira xornada da competición, no polideportivo municipal.

O Porriño converteuse unha vez máis na capital do baloncesto adaptado. Once equipos que reuniron a 120 deportistas participaron o pasado mércores na primeira xornada da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado que se disputou no polideportivo municipal.
Nesta primeira xornada da competición, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, disputáronse un total de 11 partidos nos tres campos habilitados. Xogadores e xogadoras do Asdan, San Rafael, Celta Integra, Aspavi, Aspanaex, Saiar, Salacino C “A”, Saladino C “B”, Méndez Núñez e Saladino B disputaron os encontros ao longo de toda a mañá, nunha xornada na que se impuxeron o Asdan na categoría Competición e o Saiar na Adaptada.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, achegouse ao municipal a animar aos deportistas e animalos a “seguir esforzándose e, sobre todo, a seguir desfrutando do que resta de competición, polo menos tanto como desfrutamos nós do espectáculo deportivo que ofrecen”.
As próximas quendas serán o 4 de maio e o 2 de novembro, cando se pechará definitivamente a clasificación.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES