jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia recibe Paxlovid para tratar a enfermos graves de COVID

Galicia recibe Paxlovid para tratar a enfermos graves de COVID

Galicia xa ten nos almacéns do Sergas o medicamento Paxlovid, un medicamento de Pfizer para tratar a persoas contaxiadas de COVID-19 que presenten factores de risco pola súa idade ou por seren inmunodeprimidas.

Como no caso das vacinas, o Paxlovid será distribuído a medida da chegada de xeito proporcional entre comunidades. Chegarán 3.000 unidadades este trimeste e máis de 20.000 ao remate do ano.

«É un fármaco que ten moitas interaccións con outros medicamentos e que require dun estudo renal previo pra adaptar a dose», advertiu Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria.

O medicamento pódeno administrar con receita e informe médico en Atención Primaria, cando o paciente presente algún dos seguintes factores de risco: que sexa unha persoa non vacinada de máis de 80 anos, que sexa unha persoa non vacinada maior de 65 e que presente polo menos un factor de risco ou que sexa unha persoa inmunodeprimida, independentemente do seu estado de vacinación», explicou o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Xa nos hospitais, oncólogos, pneumólogos ou infectólogos poderán receitar aos seus pacientes outro medicamente, o EvusHeld. Neste caso é de AstraZeneca, vía intramuscular e previo á infección. Son as denominadas terapias monoclonais que preparan o sistema inmune das persoas que non puideron ser vacinadas ou non responderon ben ás vacinas.

O conselleiro apuntou que as datas cercanas á Semana Santa poderían ser favorables para a fin de máscara en interiores, aínda que hai que facelo con prudencia porque prognosticou que os casos poden seguir subindo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES