sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño celebra o 70 aniversario do almanaque agrícola ZZ

Porriño celebra o 70 aniversario do almanaque agrícola ZZ

Trátase da primeira publicación comercial en lingua galega e leva divulgándose de forma ininterrompida desde 1952

O alcalde, Alejandro Lorenzo, participou esta mañá no Centro Cultural do Porriño no acto de celebración organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración co Concello, a Xunta de Galicia e a multinacional farmacéutica Syngenta, que tomou o relevo do grupo Zeltia Agraria na produción do almanaque desde o 2001.

O Almanaque agrícola ZZ, publicado por primeira vez no ano 1952, foi a primeira publicación impresa deste tipo que se decidiu a usar a lingua galega, converténdose na máis exitosa no seu ámbito. Todos os galegos tiveron algunha vez un exemplar nas mans, e quizais esta sexa a principal forma de visualizar a súa celebridade. Unha fama que posibilitou que se publicara anualmente de maneira ininterrompida nada máis e nada menos que 70 anos.

“O uso da lingua galega nas súas publicacións foi, sen dúbida, un dos factores que contribuíu positivamente no seu éxito e aproximou aínda máis á cidadanía a súa empresa”, afirmou o alcalde do Porriño. “Laboratorios Zeltia, hoxe da man de Syngenta, representa un claro exemplo de galeguidade empresarial sinónimo de proximidade e éxito”.

Por iso, o rexedor animou ás empresas do Porriño a “seguir os seus pasos e empregar a nosa lingua como vehículo de expresión. Non só como sinal de identidade senón, tamén, como mellor medio para afianzar a súa relación de proximidade”.

Xunto a Lorenzo, participaron no acto, enmarcado no Día da Galeguidade Empresarial, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; Marisa Castro, representante de BIOGA (Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida); Carlos Varela, Membro do Foro Enrique Peinador e Paulo Machado, representante de Syngenta

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES