jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísDivisión entre os camioneiros galegos pola continuidade da folga

División entre os camioneiros galegos pola continuidade da folga

A folga dos camioneiros perde forza en Galicia e causa división entre os traballadores do sector afogados por tantos días de paro e ao ver que perden clientes que buscan outros distribuidores.

 Antonio Señarís, presidente de Ascentra:

O paro queda sen seguidores cando se cumpren 15 días de folga. Xa hai movemento de mercadorías nos polígonos de Ourense e Vigo e tamén puxa de peixe.

Os piquetes volveron facer presión esta mañá no polígono do Porriño e no porto da Coruña contra os camións con actividade. 

A división de opinións entre os que optan por manter o paro e os que queren volver ao traballo é notoria.

 Apetamcor, a principal asociación que apoia a folga en Galicia, decide seguir co paro malia un resultado moi axustado nas votacións: de 188 votos emitidos, saír 93 favorables a seguir coas mobilizacións, fronte aos 80 que votaron en contra.

Algúns camioneiros temen perder clientes, xa que algunhas empresas optaron por contratar outros transportistas ao non poder aguantar máis sen distribuír a súa mercadoría.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES