viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaEscolares do Porriño deseñan o seu plan de acción para o futuro

Escolares do Porriño deseñan o seu plan de acción para o futuro

O alumnado de 3º e 4º da ESO participa nunha actividade de mentoring.

Un total de 183 estudantes de 3º e 4º da ESO dos centros de educación do Porriño participan estes días no Obradoiro sobre novas profesións “Plan de acción para o meu futuro” organizado pola concellería de Educación, que dirixe Carolina González, a través da OMIX.

A actividade de Mentoring para adolescentes ten como obxectivo ensinar á mocidade a tomar boas decisión sobre o seu futuro, nun momento clave da súa etapa formativa no que teñen que elixir entre moitas opcións de desenvolvemento profesional.

“Neste obradoiro traballan no seu proceso de autocoñecemento para que detectar as súas fortalezas e intereses”, explicou a concelleira. “Tamén descubrirán novas profesións que nin sequera existían fai uns anos e o papel que da tecnoloxía e a dixitalización nelas, ademais de coñecer como estudiar e traballar en Galicia”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES