lunes, febrero 26, 2024
InicioNewsO PaísOs transportistas colapsan as entradas das cidades galegas

Os transportistas colapsan as entradas das cidades galegas

As protestas do sector do transporte faise sentir nas cidades galegas. Camións sobre todo, pero tamén tractores de gandeiros, accederon ás cidades de Vigo, A Coruña, Santiago e Lugo para ralentizar a circulación para protestar pola alza do prezo do combustible e esixir que o Goberno os escoite.

 Oitavo día de folga dos transportistas e as protestas continúan. Nos accesos as cidades pero tamén nos centros das urbes circulando nas rotondas con lentitude.

Centóns de camións colapsaron Vigo, A Coruña, Santiago e Lugo desde primeira hora da mañá. Propuxéronse entorpecer o tráfico como método de protesta e conseguírono, nunha xornada na que o Goberno negocia medidas que alivien ao sector co Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC) pero non coa plataforma convocante desta folga indefinida, da que xa van oito días, Plataforma para la Defensa del Transporte de Mercancías.

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia,Juan Manuel Vieites, insta ao Goberno de España a recibir aocolectivo de transportistas que está detrás das protestas xa que asegura que «o País está nunha situación límite».

Desde que comezou a folga van en Galicia 9 detidos e máis de 350 identificados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES