jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaEscape room coas mulleres máis relevantes da historia como protagonistas

Escape room coas mulleres máis relevantes da historia como protagonistas

Alumnado dos institutos Pino Manso e Ribeira do Louro do Porriño participan nesta actividade de escapismo.

Estudantes de 1º de Bacharelato participaron no “Escape Room” organizado pola Concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, en colaboración co CIM.

Unha “escapada da desigualdade” enmarcada na programación do Concello con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou o IES Pino Manso para compartir coas alumnas e alumnos a experiencia, resolvendo misterios e xogos arredor da biografía de varias mulleres relevantes da historia.

“A través desta actividade preténdese concienciar ao alumnado da importancia da presenza das mulleres ao longo da historia na procura do recoñecemento dos seus dereitos para a consecución dunha sociedade igualitaria”, explicou Carolina González.

Sobre esta concienciación incidiu o rexedor, salientando a necesidade “de continuar traballando a igualdade de maneira transversal dende todas as concellerías, para impregnar de respecto e tolerancia cada unha das iniciativas do Concello e contribuír á creación dunha sociedade libre e igualitaria”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES