sábado, abril 20, 2024
InicioO PaísOurenseO Convento de San Francisco de Ribadavia acollerá a mulleres e nenos...

O Convento de San Francisco de Ribadavia acollerá a mulleres e nenos refuxiados

O Concello de Ribadavia traballa en colaboración coa Diócese de Ourense para axudar os refuxiados

O Concello de Ribadavia está a colaborar, de xeito organizado, coa Diócese de Ourense para acadar a cesión das instalacións do Convento dos Franciscanos para acoller a 9 mulleres ucraínas cos seus cativos, que chegarán á localidade nas vindeiras semanas.

Esta iniciativa solidaria coa que participa o Concello, parte dunha entidade deportiva con sede en Ourense, CENTED Team e Centro Académico de Formación de Entrenadores de Fútbol de Galicia.

O Concello porá a disposición os servizos municipais: servizos sociais, axuda psicolóxica, trámites para dar asilo político, escolarización e servizo de saúde, como o está a facer coas persoas anteriormente chegadas coas súa cativa.

«Poremos a disposición ao servizo de obras e eléctrico, e sufragaremos os gastos de adecentamento das dependencias dos Franciscanos, calefacción, suministro eléctrico, menaxe do fogar, entre outras», indican fontes municipais.

Son moitas as familias acolledoras que se sumaron á chamada do Concello, con todo, nesta primeira expedición, a entidade organizadora prefire manter ás persoas xuntas nas mesmas dependencias, por motivo de idioma e para a súa tranquilidade, polo que se asentarán no convento para non separarse e sentirse o máis cómodos posibles.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES