viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta instalará 38 caixeiros en concellos rurais sen banco

A Xunta instalará 38 caixeiros en concellos rurais sen banco

A Xunta comezará a instalar en marzo caixeiros nas zonas rurais de Galicia que non teñen servizo de banca. A medida busca axudar sobre todo ás persoas maiores para que poidan realizar as súas xestións bancarias sen ter que desprazarse do concello.

Anunciouno o conselleiro de Facenda no Parlamento, Miguel Corgos:

A medida posta en marcha pola Xunta afectará a 38municipios sen oficinas e dela beneficiaranse máis de 51.000 galegos. A medida forma parte dun acordo coa Fegamp. 

Vanse instalar nos concellos que o solicitaron.

En resposta a unha interpelación parlamentaria, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, avanzou que estes servizos iranse implantando semana a semana en cada un dos 38 concellos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES