sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño promociona a praza de abastos cun showcooking de entroido

Porriño promociona a praza de abastos cun showcooking de entroido

Será este sábado, 26 de febreiro, ás 12.30 horas.

O Concello do Porriño quere poñer en valor e dinamizar a praza de abastos municipal. Para iso, levará a cabo unha serie de melloras e iniciativas, a primeira delas este sábado ás 12.30 horas.

No marco das “Xornadas gastronómicas do Entroido 2022” celebrarase un showcooking para destacar a calidade dos produtos que ofrece a praza de abastos e incentivar o consumo de produtos frescos e de proximidade.

Na actividade, organizada polo Concello do Porriño en colaboración coa Asociación de Hostaleiros do Porriño, elaboraranse varios pratos con produtos propios do mercado que degustarán comensais procedentes do centro social, persoas maiores de 60 anos, e de Aceesca.

“O encargado de elaborar o menú, composto por dous pratos, será Marcos Parente, cociñeiro do restaurante O Carreteiro”, anunciou a concelleira de Comercio e Mercado, Antía Carrera. “Os asistentes poderán degustar un lombo de lubina á grella sobre tosta de pan de centeno de primeiro e unha preparación de pico de galo de segundo. A sobremesa correrá a cargo de Super Sugar, unha tenda de pastelería artesá situada na praza”.

“Actividades coma esta son unha boa maneira de promover a praza de abastos e animar á xente a realizar as súas compras nela. É o punto neurálxico do noso comercio e a xente debe coñecer todo o que pode ofrecer”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Queremos mostrar a gran variedade de produtos frescos e naturais que se poden adquirir, así como as innovadoras receitas que con eles se poden elaborar”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES