domingo, mayo 28, 2023
Google search engine
InicioPenínsula e mundoGloboA UE esíxelle a Rusia a retirada de Ucraína e anuncia sancións

A UE esíxelle a Rusia a retirada de Ucraína e anuncia sancións

Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea esixíronlle a Rusia que cese todas as operacións militares en Ucraína e retire as súas tropas deste territorio. A UE anuncia sancións «masivas e severas». 

A UE responsabiliza a Moscova por «este acto de agresión e de toda a destrución e perda de vidas que vai provocar.

«O ataque militar de Rusia a Ucraína -un estado independente e soberano- é unha flagrante violación do dereito internacional e dos principios fundamentais que subxacen á orde internacional baseada en regras».

Estás son as palabras literais do Consello Europeo nunha declaración conxunta horas antes da súa reunión de urxencia en Bruxelas, programada para as 20:00 (19:00 GMT) deste xoves.

Os Vinte e Sete acusaron a Rusia de optar unilateralmente por «unha escalada grave e premeditada» dunha crise de seguridade provocada pola propia Moscova e reafirmaron que a súa resposta á invasión incluirá «medidas restritivas tanto sectoriais como individuais totalmente coordinadas cos nosos socios transatlánticos. relacionados»

Os líderes da Unión Europea (UE) analizan este serán novas sancións «masivas e severas» contra Rusia pola súa agresión militar «sen precedentes» contra Ucraína, co intención de que estas medidas que se están ultimando se adopten «rapidamente».

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES