jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaUn cento de veciños de Mos participan dun novo plan de emprego

Un cento de veciños de Mos participan dun novo plan de emprego

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron hoxe ao alumnado que está a participar nalgún dos 17 cursos que se imparten no concello ao abeiro dos Programas Integrados de Emprego que financia a Xunta.

Trátase da VII edición no caso do Consistorio mosense, na que máis de 100 veciños da localidade, na meirande parte mulleres (60%), poderán formarse en habilidades sociais, competencias dixitais, manipulación de alimentos, actividades de loxística ou planificación, programación e control de produción, entre outras especialidades.

A delegada indicou que unha das apostas máis importantes do Executivo galego son os programas formativos na súa dobre vertente de “incremento das oportunidades laborais dos galegos e galegas e de resposta ás necesidade das empresas de contar con traballadores cualificados con perfís adaptados ás demandas do mercado laboral”.

Fixou así na formación a aposta estratéxica da Xunta cara á inserción laboral e á mellora da empregabilidade dos cidadáns con 9 PIEs na área territorial de Vigo aos que se destinan máis de 2,2 millóns de euros e que teñen previsto formar a 900 persoas sen emprego.

Neste sentido, a representante autonómica referendou o compromiso do Executivo galego “coa mellora da capacitación dos desempregados, da competitividade empresarial e coa creación de emprego estable e de calidade”.

Os programas foron concedidos aos concellos de Redondela, Salceda de Caselas e Mos e á Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (exclusivo para mulleres), á Fundación Impulsa, á Fundación CIP, á Asociación de Empresarios de Mos, á Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra e á Asociación de Empresarios de Redondela.

Estes programas teñen un ano de duración e están enfocados a mellorar a ocupación das persoas desempregadas establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 45% dos seus participantes.

O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo destes anos diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os obradoiros ou as lanzadeiras de empreg

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES