jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísRetirada do certificado COVID da hostalería desde o sábado

Retirada do certificado COVID da hostalería desde o sábado

O certificado covid non será necesario para entrar nos establecementos hostaleiros de Galicia a partir do sábado, tampouco será obrigado o rexistro de usuarios e o límite dos comensais por mesa soben de 8 a 10 en interiores e de 15 a 20 nas terrazas.

O conselleiro de Sanidade:

Anunciouno hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión o martes do comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia e que propuxo levantar esas limitacións.

Galicia era a única comunidade que esixía esta documentación, que si continuará sendo imprescindible nos ámbitos sanitario (hospitais) e sociosanitario (residencias), no suposto de réxime de ingreso, e para as visitas. Esta petición de manter o pasaporte nestas esferas trasladaráselle nesta mesma xornada ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES