viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaSorprendidos facendo carreiras ilegais en Salceda

Sorprendidos facendo carreiras ilegais en Salceda

A Garda Civil denuncia a varios condutores asistentes a unha “quedada” convocada en redes sociais e á que acudiu numeroso público

Compoñentes do Grupo GIAT, do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, xunto con patrullas do Destacamento de Tráfico do Porriño, varias patrullas de Seguridade Cidadá tamén do Porriño e axentes da Policía Local de Salceda de Caselas, sorprenderon a madrugada do pasado venres a varios condutores realizando carreiras ilegais nas proximidades dun campo de fútbol de Salceda, ás que asistía un gran número de “público”.

Ante a presenza das distintas patrullas que chegaron ao lugar, moitos participantes trataron de abandonar rapidamente ao lugar, non sen antes seren identificados un gran número deles.

Segundo apuntan dende a Garda Civil, non é a primeira vez que se elixe esta zona apartada de Salceda para convertela nun circuíto de carreiras Ilegais.

Os viales que se atopan ao arredor do referido campo de fútbol, trazan unha ruta circular na que os condutores realizan conducións extremas superando as velocidades máximas permitidas en ditas vías, á vez que realizan derrapes a gran velocidade, o que supón un risco para a seguridade vial dos mesmos e doutros usuarios da vía. Indican que tamén aproveitan para facer demostracións de trompos cos vehículos.

Nas inmediacións da referida zona hai vivendas próximas e os veciños amosan ao seu malestar por tales condutas.

Foron tramitadas varias denuncias administrativas por “conducións temerarias”, o que supón unha detracción de ata seis puntos do permiso de condución, así como una sanción económica de 500 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES