viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasParadantaA Cañiza adxudica a rehabilitación da piscina climatizada

A Cañiza adxudica a rehabilitación da piscina climatizada

A obra conta cun investimento de 742.749,95 euros dos que preto de 700.000 euros están financiados pola Deputación de Pontevedra.

 

O alcalde da Cañiza, Luis Piña anuncia a adxudicación da obra de rehabilitación da piscina climatizada do municipio cun investimento total de 742.747,95€, dos que 689.048,95€están financiados pola Deputación. É a empresa CIVIS GLOBAL a encargada de reformar a instalación e disporá dun prazo de 10 meses para executar a reforma dende a sinatura do contrato. O rexedor explica que «podera abrirse de novo nos primeiros meses de 2023 cunha instalacións totalmente reformada e eficiente enerxéticamente».

A reforma cambiará todo o sistema de climatización da piscina. Actuarase en todo o tellado para acadar un maior illamento térmico e se calefactará a zona de vestiarios. Amáis, sustituirase o uso de gas-oil por pellets co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos, segundo explica a administración local.

Tamén se eliminará o vaso da piscina  pequena para incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2 e o vaso grande quedará a un nivel profundo de 1.30 m e 1.20 m nos laterais, reducindo considerablemente os consumos enerxéticos xa que a piscina tiña unha profundidade de 2m. Outra das novidades deste proxecto será a nova zona de SPA que se situará no lugar que ocupaba a metade das gradas. Terá capacidade para 10 persoas e saunas húmidas e secas.

Unha nova etapa

Segundo apuntou o rexedor «ábrese unha nova etapa para esta piscina con 27 anos de antigüedade» e agradece á Deputación porque «unha vez máis A Cañiza conta coa axuda do ente provincial presidido por Carmela Silva para poder executar as obras de reforma da piscina que permitirán a súa apertura a princpios de 2023. .

No mes de abril de 2020, coa declaración do Estado da Alarma provocada pola Pandemia da COVID-19, o Concello adoptou a decisión de pechar as instalacións porque, ademáis de atender á medida sanitaria, «existía unha perda acumulada de 180.000€ anuais que nos últimos 9 anos chegaba a 1.400.000,00€», explica Piña. 

En palabras do rexedor do municpio «cando se  decidiu non abrir a piscina en setembro do 2020, motivado polas inasumibles perdas económicas derivadas do mantemento da instalación, así como polo Estado de Alarma decretado polo Goberno, dende a Alcaldía adquirimos o compromiso de estudiar a viabilidade de poder continuar mantendo aberta esta histórica instalación municipal e asumimos tamén o compromiso de buscar unha solución para reformar o edificio ata conseguir a súa eficiencia enerxética e funcional e tamén de buscar financiación para poder executar esta reforma». Así que, di «hoxe iniciase unha nova etapa: o inicio das obras de reforma da piscina climatizada»

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES