viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasO Condado"Os casos urxentes nos Servizos Sociais de Ponteareas aténdense no mesmo día"

«Os casos urxentes nos Servizos Sociais de Ponteareas aténdense no mesmo día»

A concelleira Verónica Carrera desminte que exista unha lista de agarda de tres meses para as persoas que precisan atención de forma urxente.

«Os casos de emerxencia aténdense no mesmo día». Así nega a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, a información que fixo pública a asamblea Ponte Solidario, que é a principal asociación de asistencia social en Ponteareas, sobre a lista de agarda para conseguir unha cita nos Servizos Sociais do municipio. Falaba un dos voceiros, Manoel Ucha, de ata tres meses de espera, pero Carrera desminteo e di que «funcionan con normalidade», salvo cuestións puntuais. En todo caso, di a edil, si se atenden os de emerxencia sen ter que esperar máis de 24 horas. 

Explicou que o goberno escoitará a exposición que fará Ponte Solidario no pleno do mes de febreiro, con ánimo colaborativo, «porque non ten sentido tirar por distinto sitio, cando se traballa polo mesmo obxectivo». Admite Carrera que si fan falta máis perfil profesionais nos Servizos Sociais de Ponteareas.

Entrevista completa:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES