miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasO CondadoA familia das Neves que perdeu ao pai nun incendio xa ten...

A familia das Neves que perdeu ao pai nun incendio xa ten unha nova casa

Continúan no municipio cun alugueiro social.

Fátima e os seus dous fillos de 7 a 11 anos volveron ás Neves e viven xa nunha casa propiedade do Concello, «grazas á concesión dun alugueiro social», segundo apunta a administración local.A familia sufriu un incendio na súa vivenda da rúa Entrecines o pasado 11 de decembro, que causou a morte do pai, de 48 anos de idade.

A casa na que agora viven Fátima máis os seus dous fillos sitúase na parroquia da Estación e segundo conta o Concello «está totalmente equipada, dispón de mobiliario, todo tipo de electrodomésticos e calefacción» e, amáis, «conta cun pequeno xardín e está a carón do parque infantil».

Os Servicos Sociais facilitoulle á familia roupa de cama e equipamento e, así mesmo, «axilizaron os trámites para que os dous menores puidesen reincorporarse aos seus cursos no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, ao que xa acudiron retomando as clases e onde atoparon todo o material escolar que precisaban»

Neste sentido, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, amosa a súa «ledicia pola volta desta familia tan prezada» e reitera o seu orgullo pola «solidariedade das nosas veciñas e veciños ante unha desgraza tan terrible».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES