sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasO CondadoAcip denuncia "o estado lamentable dos aparcadoiros públicos"

Acip denuncia «o estado lamentable dos aparcadoiros públicos»

Os independentes de Ponteareas critican a «falta de previsión do bipartito que provoca esta situación en plena época de Nadal».

O grupo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas denuncia, nun comunicado, «a situación catastrófica na que se mantiveron todos os aparcadoiros públicos da cidade durante a época de Nadal» e engaden que, amáis, «non contan cun mantemento adecuado nun momento de vital importancia anual para o noso comercio».

Apuntan que a responsabilidade é «a nula planificación e a inexisente comunicación dentro do equipo de goberno» e piden que a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, solucione o problema.

Entienden os independientes que «non se pode realizar o asfaltado dos mesmos ao seren parcelas que non teñen titularidade municipal, pero si pedimos explicacións ante esta falta de traballos e esiximos a inmediata reparación de todos os aparcadoiros municipais, puntos de gran importancia no desenvolvemento diario de Ponteareas.»

Crítica á campaña de Nadal

Dende ACIP, denuncian tamén que o goberno de Ponteareas non preparou unha campaña de promoción do comercio local con tempo. Fixerono «cando xa pasara a celebración de Noiteboa, unha das datas de maior incremento de facturación».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES